Site icon Crónica3.com A Mariña

Yolanda Rodriguez premiada na Gala da Federacion Galega de Tiro Olimpico

 Viveiro, 23 de xaneiro, 2020. A Multideportista vivariense, Yolanda Rodriguez Fidalgo do Club de Tiro San Froilán, foi premiada a pasada fin de semana na Gala Anual do Tiro Olímpico Galego que se celebro na Cidade da Cultura da Capital Galega. Asistiron máis de catrocentas persoas entre deportistas, autoridades e familiares.
A tiradora número un da Clasificación Nacional Sub 23 foi premiada como mellor Galega na Modalidade de Pistola Standar Junior e mellor Sub 23 en pistola de precisión. Tras o recoñecemento recibido, Yolanda recibiu os parabéns dos directivos e autoridades presentes e un especial do seu Club e do grupo de tiradores do Cernadiñas novas de Pontevedra co cal adestra durante a súa estancia na Cidade do Lérez.
Rodríguez está seleccionada para competir o día un de febreiro no Campionato de España Elite Damas Absoluto que se celebra en Alacante, motivo polo cal a deportista mariñá mostrábase moi satisfeita.

Exit mobile version