Lugo, 3 de xaneiro, 2020. O vicevoceiro do Grupo Provincial do PP, Javier Castiñeira, asegura que “chama a atención que o presidente da Deputación presuma de ter cambiado as formas na institución provincial con respecto ao anterior mandato socialista; pero, por outro lado, aplique a man dura no control disciplinario do pleno obsesionado co cronómetro e amosándose pouco flexible coas opinións da oposición. En lugar de dar participación, expulsa aos que lle din o que non quere escoitar”.
Así, Castiñeira nomea “dous feitos lamentables que vivimos durante o último pleno do ano da corporación provincial de Lugo onde o presidente da Deputación amosou a súa falta de delicadeza, a pesar de apelar ao espírito navideño”.
Por unha banda, o popular considera “moi inxusto” que, “despois de terlles mentido sobre o seu futuro laboral aos traballadores de Suplusa que o goberno bipartito da Deputación pretende traspasar a Tragsa, o señor Tomé os expulsase sen avisos previos do salón de plenos durante a celebración da sesión plenaria coa autoridade que o caracterizada; a pesar de non teren protagonizado ningún incidente grave”. O popular asegurou que “dende o Grupo Popular sentimos que estes traballadores tiveran que vivir esa situación e que, ademais, tiveran que escoitar da boca da voceira socialista as recriminacións ao Partido Popular por tratar aos traballadores de Suplusa como compañeiros empregados da Deputación de Lugo”.
Outro episodio desagradable, segundo o vicevoceiro popular na institución provincial, foi cando “o presidente obrigou aos veciños e veciñas do Incio a retirar os carteis que colocaran solicitando a reparación da Casona. Dubidamos que, en vindeiras ocasións, cando as reivindicacións sexan do seu agrado, siga os mesmos criterios de rigorosidade”, engade Castiñeira.