Site icon Crónica3.com A Mariña

Segue en Ribadeo a xuntanza formativa do proxecto europeo Inclusión e Empregabilidade mediante a Tecnoloxía do Vehículo Eléctrico, que está a coordinar APAGA

Preto de 30 profesores de sete países danse cita no Centro Pedro Murias, procedentes de Romanía, Lituania, Italia, Portugal, Turquía, Croacia e diferentes puntos de España. Realizan actividades formativas, en horario de mañá e tarde, que compaxinarán con saídas para coñecer diversas localidades e referentes turísticos da Mariña. Onte, martes, pola tarde visitaron Ribadeo e foron recibidos polo alcalde, Fernando Suárez, no salón de plenos do Concello. Alí foron obsequiados cun souvenir de Ribadeo. Hoxe a expedición pasará parte da tarde coñecendo Mondoñedo.

Exit mobile version