Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos e preguntas de Por Viveiro para o pleno de febreiro

Viveiro, 30 de xaneiro de 2020. ROGOS
1. No mes de agosto do 2019, coa proposta do noso grupo acordouse facer un seguimento mensual do estado da tramitación do PXOM. Dende a última reunión do mes de outubro non se volveu a realizar ningunha outra, nin se ten avanzado nada neste asunto, continuando co estado de parálise absoluta do mesmo.
E por isto que rogamos ao equipo de goberno que convoque novamente a reunión da comisión do PXOM para coñecer o estado de tramitación e ao mesmo tempo impulsar a súa aprobación.

2. En Lodeiro, o aparcamento do Centro de Saúde non ten luz dende fai máis dun mes e a visibilidade é escasa, é por isto que rogamos ao equipo de goberno que faga as xestións oportunas para solucionar esta situación.

3. O pavillón municipal foi reformado e colocouse unha pista nova de parquet. Segundo nos indican usuarios do mesmo, seguen existindo goteiras, o que pode provocar que se produzan desperfectos na nova pista.
E por isto que rogamos ao equipo de goberno que repare as goteiras existentes a fin de evitar o deterioro da pista de parquet.

4. O pasado martes, 14 de xaneiro, Galicia foi afectada pola borrasca Brendan, sendo o concello de Viveiro unha das zonas de maior incidencia da mesma.
Varios veciños comentáronos que un contedor, situado na intersección das rúas Vilar Ponte e Constanza de Castro, desprazouse, a unha velocidade considerable, desde a súa posición inicial ata a Praza Maior, con evidente risco para os viandantes.
Esta situación repítese con un contedor situado na rúa Melitón Cortiñas que chega no seu percorrido ata a Praza da Fontenova.
No caso de Covas o percorrido do contedor impactou con un coche aparcado na zona de Granxas, provocando a rotura do cristal do portón traseiro.

En todos os casos parece que os conteres no tiñan activado o freo de bloqueo, que evitaría o seu desprazamento.
Por todo o exposto ROGAMOS ao equipo de goberno, que comunique estes feitos a empresa que realiza as tarefas de recollida do lixo e tome as medidas necesarias para que estas situacións de risco non se repitan.

Exit mobile version