A Mariña, 13 de xaneiro, 2020. A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña acaba de recibir unha subvención para desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral”. Este programa está a ser cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos
á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.
O obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio as usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde.