Case nada! Se o ano pasado foron as Vodas de Ouro e houbo unha festa por todo o alto con toda a familia, un ano despois a celebración foi máis humilde, pero non menos agarimosa. Certos problemas de saúde deste último ano querían rematar coa alegría de estar tanto tempo xuntos, pero non o conseguiron. Un ano máis celebrado coa familia e, sobre todo, un co outro, un a carón do outro, como tantas outras parellas que fan da vida en común un triunfo prolongado do sentimento.