Ademais foron moitos os veciños de Ribadeo que saíron ás súas xanelas e balcóns a recibir cun aplauso ao novo ano, atendendo así a convocatoria realizada por Acisa na mañá do pasado xoves, 31 de decembro de 2020.
A asociación facía un chamamento a participar nese sonoro aplauso ás 00:10 horas do 1 de xaneiro de 2021: “por nuestros comercios, por nuestra hostelería, por nuestros servicios… Gracias a los ribadenses, por su ejemplar comportamiento y por la ayuda a los comercios, bares y restaurantes y a todos los negocios de Ribadeo”
Así quixo render homenaxe Acisa ao comercio, á hostalería e ao sector servizos polo ano tan complicado que pasaron e a toda a cidadanía polo apoio destes meses e co que agardan seguir contando no futuro.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo segue pedindo moita responsabilidade á poboación para facer fronte ao coronavirus: “parar el covid es cosa de todos y cada uno de nosotros. Actuemos con mucha prudencia en estas fiestas y siempre, mientras así nos lo sigan recomendando las autoridades sanitarias”.