Nesta xuntanza o BNG presentou unha postura de rotundo apoio á universidade pública, onde a parlamentaria galega resaltou que “Galiza non precisa de ningún proxecto universitario privado ao servizo de Abanca”.
A deputada nacionalista resaltou que a Xunta está minguando o sistema universitario galego ano tras ano, onde os recortes nesta última década ascenderon a 438 millóns de euros. “O proxecto e os ideais do BNG témolos claros, estaremos sempre coa defensa da universidade pública e non a favor dos intereses da banca” afirmou Rodil, que achegou a proposta do Bloque neste eido, que defende o incremento dos fondos de financiamento da universidade pública en 2020 e un novo plan de financiamento para o SUG.