Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente participa na reunión constitutiva da Comisión de Deputacións da FEMP, que prioriza o reto demotráfico

 Lugo, 21 de xaneiro, 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou este martes na sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), en Madrid, na reunión constitutiva da comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares, da que forma parte. Dar maior visibilidade aos gobernos locais intermedios e gañar papel na Estratexia Nacional de loita contra o despoboamento serán as liñas de acción centrais neste mandato 2019-2023 da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares, a primeira das 27 da FEMP en constituírse.

Ademais, acordouse a descentralización das reunións da comisión, que se celebrarán ao longo de toda a xeografía española. A primeira delas terá lugar o vindeiro 9 de marzo na Deputación de Barcelona e nela aprobarase o plan de traballo para os próximos catro anos. A Deputación de Lugo comprometeuse, neste encontro, a participar activamente nesta comisión e formalizar propostas nas vindeiras semanas.

Exit mobile version