Mondoñedo, 24 de xaneiro de 2020. O Presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, Vidal Martínez-Sierra López, atópase estes días na Feira Internacional de Turismo, FITUR 2020.
Esta feria é un punto de encontro global para os profesionais do turismo e para diferentes organizacións vinculados con este sector. Trátase a feria líder para os mercados receptivos e emisores. Ten como obxectivo chave para a promoción de destinos, presentación de marcas e produtos turísticos e para coñecer as últimas tendencias do sector e encher as axendas dos asistentes de contactos e perspectivas.
O Presidente do GDR 01, está mantendo reunións con diferentes touroperadores e axencias de viaxes para dar a coñecer a oferta e produtos turísticos do territorio de Terras de Miranda. Wonderbox, Ávoris, TourOfertas, KSPAIN Travel & Leisure e Booking son unha selección da larga lista de encontros que está tendo Vidal Martínez-Sierra López no recinto de IFEMA.
O GDR Terras de Miranda, dentro das súas competencias, seguirá apostando pola dinamización territorial e a mobilización social, a través do impulso sector turístico do territorio.