Ribadeo, 30 de xaneiro de 2020. O Hotel O Cabazo, de Ribadeo, consegue a categoría de tres estrells superior e convértese no único destas características no municipio.
Os seus propietarios, Carmen García e Juan López, amósanse satisfeitos con este logro: “tuvimos que cumplir una serie de requisitos, además de pasar varias auditorías”. Desde O Cabazo señalan que “aunque no se cumple con algunas dimensiones mínimas exigidas en habitaciones para convertirnos en un hotel de cuatro estrellas, disponemos de más servicios que los precisos para contar con tres o cuatro”. A Xunta de Galicia, que é a que concede os cambios de categoría aos establecementos hostaleiros, valorou espazos e cuestións como os xardíns dos que dispón o hotel, as zonas de aparcamento, a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, os salóns de estar, que os clientes de O Cabazo conten con varias canles de televisión estranxeiros, etc.
Juan López e Carmen García sinalan que “hay mucho trabajo y mucha dedicación tras cada paso que vamos dando, todo pensando para que nuestros clientes se encuentren lo más cómodos posible entre nosotros. Ofrecemos un trato cercano, porque queremos que se sientan como si estuviesen en su casa”.
O Cabazo conta con 42 habitacións. Está rodeado de xardíns e amplas zonas verdes e desde a maioría das súas habitacións pódese gozar dunhas espectaculares vistas da montaña e da ría. Conta con restaurante. A súa cociña está baseada na tradición galega. Os seus pratos son elaborados con produtos frescos da zona.
O hotel O Cabazo dispón de salóns de descanso, cafetería, terraza exterior (que abre na época estival) e aparcadoiro gratuíto, entre outros servizos.