As diferentes actividades teñen como obxectivo destacar a riqueza cultural, natural e humana vinculada co Camiño de Santiago na Mariña Lucense. Con isto, preténdese divulgar e promocionar os diferentes recursos localizados neste territorio para o desfrute e coñecemento tanto da poboación local como para os visitantes.
A primeira actividade tivo lugar no Concello de Lourenzá cun éxito rotundo debido ao gran número de asistentes. Comezouse cunha visita ao Centro de Interpretación da Faba, seguido dunha visita guiada á Cooperativa Terras da Mariña, onde os participantes puideron entender o proceso de produción da Faba de Lourenzá. Logo trasladáronse ao Pazo de Tovar, onde presenciaron unha actuación de música e baile galego da man da Asociación Cultural Osorio Gutierrez acompañado dunha degustación de elaboracións a base de produtos de relevancia do territorio; a Faba de Lourenzá, a merluza de Celeiro, o bonito de Burela, o porco celta, entre outros.
O GDR Terras de Miranda agradece a elevada participación tanto da poboación local como dos visitantes.
Vindeiras actividades:
Unha viaxe no tempo a través do Camiño do Norte
Andaina polo Camiño do Norte
Cultura entre as mans – Artesanía de Terras de Miranda