O concurso consistía en decorar e ambientar con motivos do Nadal os escaparates, local interior e o abeto natural que teñen os negocios nas portas. Tamén se valoraba a fachada, no caso de tela decorada, e a terraza no caso de hostalería.
Había 2 categorías cos seus respectivos premios:
Categoría Comercios. – Premio de 6 meses de cota gratis do CCHV
Categoría Hostalería. – Premio de 6 meses de cota gratis do CCHV
O xurado, composto por Marisol Rey Concelleira de comercio, Silvia Méndez interiorista e Ruth Adrio representante da Directiva do CCHV, valorou tanto a orixinalidade dos materiais, a utilización de elementos da propia actividade comercial, a dificultade de elaboración e o resultado global, sen perder nunca de vista de que se trataba dunha ambientación de carácter do Nadal. Destacaron, ante todo, a gran calidade dos traballos e o esforzo e o involucramento dos negocios para dar un ambiente o máis do Nadal posible aos seus locais.
Os gañadores foron:
Categoría comercios: A óptica Viveiro
Categoría Hostalería: Muro Restaurante
Cabe facer mención especial aos segundos clasificados, que foron Casa Chao e Bar Normandy, xa que o veredicto estivo moi rifado.
A directiva quere agradecer a todos os negocios a súa participación e o seu esforzo que fai que entre todos Viveiro luza espectacular Nadal tras Nadal.
Estes días os negocios asociados ao CCHV seguen repartindo coas compras as rifas para o sorteo de 3 soldos de 1200€. Será o sábado 4 de xaneiro ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro. Son 120.000 números os que se poñen en circulación para este sorteo que ano tras ano congrega numeroso público e que se converteu nunha cita ineludible cada Nadal.
E dentro das aperturas de domingos e festivos, este domingo dia 5 o comercio abrirá as súas portas en horario de mañá e tarde para que os clientes poidan realizar aquí as súas últimas compras de Reyes, sen ter necesidade de desprazarse, comprando no comercio local.