Os traballos consistiron no incremento dos módulos de gradas, que pasaron dos dous existentes aos catro actuais; na rehabilitación da recollida de augas pluviais no perímetro do edificio, e na reposición de seis cristais que se atopaban rotos, como consecuencia de actos vandálicos.
“Esta intervención forma parte da programación do concello co obxectivo de mellorar as instalacións municipais e neste caso en concreto deste pavillón, sendo conscientes de que aínda hai necesidades que solventar, como pode ser o chan do mesmo”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Tamén no eido deportivo, hai uns días remataron os traballos para renovar o pavimento do pavillón municipal, unhas obras que serviron tamén para pintar o interior das instalacións.
Para o Concello de Viveiro, o deporte e o fomento dos hábitos de vida saudables son prioridades na súa acción de goberno. Cada ano son máis os veciños e veciñas de todas as idades que practican algún tipo de modalidade deportiva.