A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “coa adquisición desta nova furgoneta o Concello de Ribadeo, e concretamente á súa Delegación de Obras, contará cun novo vehículo para desprazarse e realizar traballos relativos a control de alumeado e de mantemento de instalacións, entre outras funcións”.
A edil nacionalista dixo que “a incorporación deste novo vehículo mellorará sensiblemente o traballo realizado polo persoal de Obras, que gañará independencia e un recurso a maiores”.
Freire Rancaño subliñou que “desde o Concello estamos a facer un esforzo importante para actualizar os medios dos que dispoñemos e así poder dar unha mellor resposta ás demandas da veciñanza”.