Tal e como sinalou o alcalde, Alfonso Villares, “o fin desta liña de axudas é o de contribuír a fomentar as actividades educativas e lúdico-culturais que promoven estas entidades ao longo de todo o ano e que van dirixidas a dinamizar a comunidade escolar, e brindarlles ao tempo unha axuda económica para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento”. Villares apuntou que “reservamos unha partida orzamentaria de 7.500 euros que se vén sumar a outras axudas que temos dispostas dende o Concello dirixidas á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte.