Jorge Díaz Freije asegurou que “non vai haber ningún tipo de problema, simplemente ata o de agora estábamos recollendo todos os días do ano exceptuando Nadal e Aninovo. E agora vaise recoller, igual que se viña facendo, exceptuando os festivos. Os que son individuais non haberá recollida, pero se veñen dous festivos seguidos un deles abrirá a planta e entón recollerase o lixo en Ribadeo”.
O concelleiro ribadense subliñou que “digo festivos e non domingos porque os domingos si vai seguir habendo recollida. De todos modos volvo aclarar que a recollida vai ser de luns a domingo como estaba sendo na vila, exceptuando que o domingo sexa festivo, entón recolleríase o luns”.
O edil de Medio Ambiente reiterou que “si hai dous festivos seguidos vaise recoller un deles porque a planta nunca está dous días pechada. Dependemos de Sogama, ou sexa que dependemos do que faga a Xunta nese senso. Se nalgún momento a Xunta abre os festivos nosoutros recolleremos os festivos, pero como non abre os festivos Sogama nosoutros non imos abrir porque entón colápsanos a recollida diaria normal”.
Para Díaz Freije: “a xente tamén temos que colaborar. Os festivos aínda que teñamos unha bolsa de lixo na casa e a saquemos ao día seguinte tampouco nos pasa nada. Creo que hai que empezar un pouquiño a colaborar todos e a tirar do mesmo carro”.