Viveiro, 29 de xaneiro, 2020. O BNG de Viveiro, após a reunión de voceiros que tivo lugar no día de hoxe para tratar a resposta de Augas de Galiza na que se demanda que o concello escolla qué medida realizar no barrio de Xunqueira, decideu non participar na mesma en base aos seguintes motivos:
Por unha banda, o goberno do PSOE acostuma a realizar as xuntas de voceiros ante situacións de dificil elección que poden conlevar malestar entre a veciñanza, facendo así participes a todos os grupos da oposición de tal decisión, e eximíndose das súas responsabilidades como goberno. Deben tomar as decisións que cren oportunas como goberno en minoría que decidiron ser, e deixar de alongar no tempo as decisións que deben tomar mentras xs veciñxs están á espera de solucións para os seus problemas.
Por outra parte, consideramos que non deben ser os grupos políticos quenes tomen unha decisión técnica, pois non é o seu cometido. O BNG na última reunión fixo as súas aportacións, propoñendo na reunión de voceiros, solicitar a seguinte información adicional:
1.O informe de patrimonio de cara a ampliar a ponte medieval, onde o BNG sempre se manifestou en contra de derrubar a ponte.
2.A recalificación do río Fontecoba.
3.Valoración económica da totalidade das actuacións, nun orzamento total, para logo ser repartido a partes iguais no futuro convenio a tres bandas entre Augas, Deputación e Concello.
Na última contestación de augas recibida no día de onte, aportouse toda a documentación que o BNG propuxo, polo que se pode considerar que se ten a información suficiente para tomar unha decisión.
Tal e como recorda a señora alcaldesa sempre que ten ocasión, a veciñanza escolleuna a ela, e decidiu gobernar en minoría, polo tanto que actúe en consencuencia e faga o que é da súa competencia.