Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración por unhas pensións dignas en Barreiros

 Barreiros, 31 de xaneiro 2020. Un venres máis, ducias de penionistas concentráronse diante do Concello para esixir pensións dignas. Deron lectura a este manifesto:
Bos días, compañeiras e compañeiros.

Empezamos un novo ano e con un novo goberno que adoptou xa as primeiras medidas a respecto das pensións, aprobando no primeiro Consello de Ministros un incremento do 0,9%, o que resulta insuficiente para que as persoas xubiladas de hoxe e as que o sexan mañá poidan vivir con dignidade.

No noso caso, as pensións galegas siguen a ser as segundas mais baixas do Estado, despois de Extremadura, e dentro das nosas pensións, as mais baixas son as das mulleres que están arredor dunha media de 300 euros mais baixas cas dos homes.
Hai que ter en conta tamén que cada vez son mais as persoas que viven en soidade a súa vellez e os recursos de atención á dependencia son escasos e deficitarios, e neste contexto son as mulleres as que cargan coa maior parte das tarefas de coidados a esas persoas, polo que son de novo as mais perxudicadas, polo que podemos decir que estamos diante da feminización da pobreza.

Esta fenda nas pensións das mulleres agrávase ainda mais nas zonas rurais, como é o noso caso neste concello, donde a maioría son pensións derivadas das cotizacións ao réxime agrario.
En Galiza somos 350.412 mulleres pensionistas e 339.164 homes que perciben algún tipo de pensión. En total, 689.576, un 25% da poboación galega que somos pensionistas e non calamos nin nos conformamos con esmolas, porque sabemos que o Sistema Público de Pensións é viable, só se require vontade política e actuar decididamente para establecer medidas de creación de emprego estable, en condicións dignas e con salarios xustos que doten de recursos suficientes o sistema público de pensións, o de hoxe e o de mañá, por eso é absolutamente imprescindible a derogación das reformas laborais e a das dúas reformas das pensións, tanto a de 2011 como a de 2013, así, habendo salarios dignos manteríase o sistema con xubilacións aos 65 anos, sen ter que aumentar a edade de xubilación aos 67 anos.

Por todo esto seguimos na loita para defender a nosa táboa reivindicativa:

– Derrogación das reformas laborais e das dúas reformas das pensións, a de 2011 e a de 2013.
– Aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– Supresión do factor de sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)
– Pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– Recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.
– Consolidación da actualización anual das pensións en base ao IPC
– Blindaxe do sistema público de pensións
– Pensións dignas e con poder adquisitivo

Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros

Exit mobile version