Dende alí, o líder dos socialistas galegos puxo o foco na importancia do rural, que precisa de “apoio” por parte da Xunta, e lamentou a desatención nestes 11 anos de Feijóo. “Prometeu que esta sería a lexislatura do rural, pero abandonouno e recortoulle servizos”, denunciou.
“O balance de Feijóo é fondamente negativo na Galicia rural: menos poboación, peores servizos sociais, menos actividade económica, menos posibilidade de futuro para a xente moza”, sinalou o máximo dirixente do PSdeG, consciente de que a diagnose é “moi preocupante”.
Fixo referencia así Gonzalo Caballero aos recortes, por exemplo, no eido sanitario, exemplificado no peche do paridoiro de Verín, onde aínda hai dous días produciuse un novo parto de urxencia. “É un caso que está dando a volta a toda España e millóns de cidadáns están coa boca aberta escoitando como Feijóo recorta, desfai e pecha servizos sanitarios”, subliñou.
“GALICIA NECESITA UN CAMBIO”
“Sabemos que Galicia necesita un cambio, porque é necesario mudar ese abandono do rural”, incidiu Gonzalo Caballero, antes de anunciar que o vindeiro sábado haberá unha nova xornada de traballo do IdeaGaliciaLab centrada nas especificidades do eido rural.
Terá lugar en Ourense e servirá, como dixo o secretario xeral, “para recoller o mellor coñecemento e as mellores solucións para a Galicia do medio rural”. “Nós comprometémonos a que un goberno na Xunta liderado polo PSdeG abrirá unha nova etapa de políticas de medio rural que poñan os servizos sociais, a actividade económica e as necesidades dos veciños como eixo central para traballar polo futuro“, asegurou.
De feito, o candidato socialista á Presidencia da Xunta puxo en valor que “onde a Xunta non chega, están os alcaldes socialistas resolvendo os problemas do país”, en relación aos rexedores de Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, e outros que estiveron presentes na xuntanza.
Pola súa banda, o alcalde da Fonsagrada, Carlos López, agradeceu a visita do secretario xeral e “o seu interese no rural”, onde fan falla “medidas para que a xente poidan vivir”.
“PAPEL MOLLADO”
En paralelo, Gonzalo Caballero deu por feito que Feijóo vai adicar o tempo que queda de lexislatura a facer anuncios e promesas de todo o que non fixo en 11 anos de goberno.
Só así se explica que ata o propio CES sinalase que o proxecto de lei de impulso demográfico é “papel mollado”. “A revitalización demográfica non se soluciona con formulacións xenéricas”, evidenciou o líder socialista, “son necesarios orzamentos, compromisos e incentivos positivos para a poboa