Na orde do día figuran os seguintes puntos: lectura e aprobación da acta da sesión celebrada en 2019; exame e aprobación da conta xeral de ingresos e gastos do pasado ano; estado da asociación, análise e valoración das actividades realizadas en 2019 e informe da programación prevista para o 2020; informe e aprobación do presuposto ordinario para este ano; informe de días festivos e domingos de apertura en 2020 para comercio e da ampliación de horarios para hostalería; gala de Acisa 2020; proposta do presidente sobre a política de devolución de artigos; proposta de fomento de barrios mariñeiros; convocatoria de eleccións; axudas a entidades e asociacións para o presente exercicio; e rogos e preguntas.
Charla informativa
Tamén este xoves Acisa organiza unha charla informativa sobre transformación dixital, que se celebrará ás 9:30 horas nas instalacións do Hotel O Cabazo.
A organización empresarial programa este almorzo informativo co fin de falar sobre a transformación dixital e como se pode vender máis a través de solucións dixitais. A conferencia será impartida por Jesús Otero Díaz, responsable de Negocio Dixital do Banco Santander en Lugo, que ademais presentará a ferramenta que ten o propio banco para chegar a ese obxectivo. As persoas interesadas en asistir é conveniente que se inscriban xa que o aforo é limitado. Poden anotarse a través do seguinte correo electrónico info@acisaribadeo.es.