Baixo o título Un mundo de cores as monitoras estiveron a ensinarlles aos peques a separar o lixo nos distintos contedores: amarelo para os envases de plástico, latas e bricks; azul para o papel e cartón; e verde para o vidro. Desde Gaia engaden que “decidimos traballar este tema neste día tan sinalado, porque esta efeméride xurdiu da necesidade de preservar a natureza, tendo como obxectivo principal identificar a problemática ambiental e concienciar ás persoas para que participen e adopten medidas para a conservación do medio ambiente; e sen dúbida reciclar o lixo é imprescindible para preservar a natureza”.