Baixo o título Un mundo de cores as monitoras estiveron a ensinarlles aos peques a separar o lixo nos distintos contedores: amarelo para os envases de plástico, latas e bricks; azul para o papel e cartón; e verde para o vidro. Desde Gaia engaden que “decidimos traballar este tema neste día tan sinalado, porque esta efeméride xurdiu da necesidade de preservar a natureza, tendo como obxectivo principal identificar a problemática ambiental e concienciar ás persoas para que participen e adopten medidas para a conservación do medio ambiente; e sen dúbida reciclar o lixo é imprescindible para preservar a natureza”.
Esta semana dende a Concellería de Medio Ambiente de Burela, que dirixe Toñi Eijo, realizaron a través de Gaia unha actividade con alumnado de infantil do CEIP Virxe do Carme para celebrar o Día Mundial da Educación Ambiental, que é o 26 de xaneiro

Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela