Viveiro ao primeiro encontro de promocion e divulgación sobre emprendemento e aprendizaxe. Será ás 20.30 horas do vindeiro venres 10 de Xaneiro no
Teatro Pastor Diaz de Viveiro. Daniel Suárez non deixa a ninguén indiferente e compartirá entre os asistentes sobre economía, emprendemento, aprendizaxe, e moito máis. Será nun formato fresco e novidoso onde as preguntas do público valen diñeiro.
Dende a Asociación queren fomentar este tipo de temáticas e encontros onde o principal obxectivo é alentar o emprendemento entre a sociedade. Máis aínda nos momentos tan necesarios que estamos a vivir na comarca onde o emprendemento pode abrir novas oportunidades de emprego.
Dada a importancia do aprendizaxe a través das experiencias que vivimos, dende Pratodo traen a Viveiro ao economista a ese emprendedor cofundador e CEO de Zapiens Technologies S.L, empresa de xestión do coñecemento que traballa dende Asturias para empresas como Vodafone, Ikea, Thyssen Krupp, Deutsche Bahn, etc. Coautor do libro Sócrates y la econología. Un viaje hacia una gestión más orgánica.
Profesor en institutos de aprendizaxe e emprendemento na Universidade de Oviedo. Conferenciante en eventos tecnolóxicos, recursos humanos, xestión de coñecemento, innovación, onde comparte a súa visión sobre o futuro do traballo. Cofundador de máis de 15 startups e fundador da primeira
incubadora orgánica de Espana Freehouse. Por isto e por moito máis, foi elexido por Google xunto a 14 emprendedores máis de todo o mundo.
PARA QUEN É O EVENTO
• Para rapazas e rapaces curiosas que desexen escoitar sobre cales serán os
traballos do futuro, cara onde vai a economía.
• Para empresarios e emprendedores
• Para toda persoa curiosa que desexe aprender cousas novas
+INFO
A venda de entradas anticipadas en libraria Porta da Vila
ou contactando en lucasrequejofernandez@gmail.com e 617 461 723