O deputado popular no Parlamento galego, Daniel Vega, asistiu este sábado á X Festa dos Callos de Vilamar (Barreiros) que organiza a comisión de festas e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia. Vega destacou “a colaboración do Executivo galego que permite sufragar os gastos da instalación da carpa onde se desenvolveu a cea”.