Otero Cabarcos sinalou que “comezamos a fin de semana con boas novas. Xa temos nova comisión do Entroido en Ribadeo e, aínda que con pouca marxe de tempo, está comezando a traballar arreo para que Ribadeo disfrute dun Entroido divertido para toda a veciñanza”.
A concelleira de Cultura contou que “as persoas que forman a comisión teñen experiencia, forza e ilusión, e seguro que contarán co apoio de moita xente”. O presidente é Alfonso Rodil Veiga; a vicepresidenta, Amelia Blanco Lombardero; Juan Valle Rafols é o secretario; Mª Susana Álvarez Rodríguez é a tesoureira e os vogais son Juan Fernández Andina e Juana Ruíz Misioné Nuchi.
A edil engadiu que “nesta semana xa comezarán a demandar a axuda e colaboración de todos os sectores e asociacións implicadas nestas festas e darán a coñecer o programa proximamente”.