Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela pide transparencia nas negociacións do goberno entre BNG e PSOE

 Burela, 8 de xaneiro, 2020. Asistimos cada día ao esperpento das negociacións entre o PSOE e BNG de Burela con declaracións na prensa que non van máis aló do persoal e das descalcificacións, porén non se sabe nada das posicións políticas da negociación nin das propostas do relativos programas.

É unha situación para CxG insólita máis propia dos pactos entre PP e VOX, que se negocian pola porta de atrás e sen publicidade que as negociacións entre forzas de esquerda, foi máis transparente a negociación da investidura de Sánchez, onde cada partido expuña o que reclamaba. O que si deixa entrever esta negociación é que o que está en cuestión é o reparto das asignacións reguladas por Lei, que Llano e Pillado chaman “cuestións técnicas”.

Os veciños e veciñas de Burela teñen dereito a saber que se está a negociar con transparencia e con información, xa que iso e democracia, mais ao que asistimos son a un segredo e silencio total, unhas negociacións escuras, dende Compromiso preguntámonos que ocultan?

Solicitamos que fagan públicos os temas de discusión e as posturas de cada programa político, o resto é un engano a Burela. Vai o BNG apoia a o Señor Llano e formar goberno renunciando á municipalización dos servizos de limpeza e auga? Vai o PSOE renunciar ás dedicacións parciais? Que pasa co Pavillón?

A falla de transparencia xera dúbidas e sobre todo xera desconfianza.

EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA

Exit mobile version