“É lamentable que a maior preocupación da Consellaría de Sanidade sexa, como recolle a instrución emitida, que os carteis que se publiquen informando da situación da sanidade poidan favorecer a determinadas formacións políticas que non sexan o Partido Popular.
Da censura que pretenden impor nos centros públicos quedan excluídas todas as organizacións que fagan campaña a favor do Partido Popular e da súa ideoloxía. Así como toda a publicidade que defenda os beneficios da sanidade privada”, explican.
A central sindical lémbranlle á Consellaría de Sanidade, que como Administración Pública o seu traballo é ofrecer unha sanidade pública de calidade, que iguale e protexa a todas as persoas fronte a enfermidade. Que permita que as/os profesionais poidan exercer o seu traballo en condicións dignas e que remate dunha vez coa precariedade laboral.
CIG-SAÚDE A Mariña advírtelle a Feijóo e a Xerencia Executiva do Hospital da Mariña que “seguiremos informando e denunciando a política sanitaria do PP na nosa comarca que só provoca un incremento do sufrimento das persoas. Isto non é denigrar nin ao noso sistema sanitario nin as/os profesionais que o poñen en valor todos os días co seu traballo”.
Lembran que “o Partido Popular, intencionadamente, utiliza as denuncias contra a súa política sanitaria, como se as devanditas denuncias foran contra as/os profesionais, cando o único que desprestixia o traballo destas/es, son as medidas que implementan”.
Para rematar, “reiteramos, Srs do Partido Popular e da Consellaría de Sanidade, non nos van a amordazar, non nos van a calar, non imos deixar de informar, denunciar e reclamar os dereitos dos mariñaos e das mariñás a ter unha sanidade pública, de calidade e universal, sen precariedade laboral”.