Site icon Crónica3.com A Mariña

Carlos Blanco este sábado en Ribadeo

 Lugo, 30 de xaneiro de 2020.- O público de Vilalba e Ribadeo poderá desfrutar mañá e o sábado, respectivamente, do espectáculo Os mellores monólogos do actor e humorista Carlos Blanco, no marco do programa O Teu Xacobeo, impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo.

A actividade forma parte do ciclo Humor no Camiño, que organiza a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón de Lugo co apoio da Xunta. A actuación en Vilalba está prevista para mañá venres 31 de xaneiro, ás 21.00 horas no auditorio Carmen Estévez. En Ribadeo, actuará o sábado 1 de febreiro a partir das 20.00 horas no auditorio municipal.

O ciclo Humor no Camiño inclúe dez paradas noutros tantos concellos polos que discorren os Camiños Primitivo, Norte e Francés, todos da provincia de Lugo menos o de Melide. Os participantes son humoristas moi coñecidos polo público, e todos eles comprometéronse a crear monólogos que tiveran como eixe historias ou vivencias do Camiño.

A programación continuará o 21 de febreiro, cando o auditorio Gustavo Freire de Lugo recibirá a JJ.Vaquero, Nacho García e Dani Fontecha. A partir de aí, Pedro Brandariz visitará Baleira e Castroverde (23 de febreiro); Pepo Suevos A Fonsagrada (18 de marzo); Xan Veiga Portomarín (12 de abril); e David Perdomo Sarria (17 de abril) e Mondoñedo (18 de abril), onde pechará o programa.

Exit mobile version