Site icon Crónica3.com A Mariña

As familias de Viveiro con fillos e fillas menores de 3 anos poden tramitar as axudas económicas ás que teñen dereito no Centro Municipal de Información ás Mulleres

 Viveiro, 22 de xaneiro de 2020. As familias de Viveiro con fillos e fillas menores de tres anos poden tramitar a prestación económica á que teñen dereito e a Tarxeta Benvida no Centro Municipal de Información Ás Mulleres.

En concreto, o centro informa de que xa saiu publicada a orde pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da Prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de tres anos para o ano 2020. O prazo de solicitude remata o 5 de marzo.

Tamén poden tramitar agora as axudas para as solicitudes do ano 2018 e 2019 sempre que experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar, así como a ampliación da axuda para aquelas unidades familiares técnicamente valoradas como “de especial vulnerabilidade”.

Por poutra parte, tamén saiu publicada a orde pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da Axuda económica a través da Tarxeta Benvida.

INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN DAS AXUDAS:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DE VIVEIRO
Avda. Cervantes, s/n – Claustros de San Francisco
982 55 04 21 – 982 56 21 49
e-mail: cim@viveiro.es
HORARIO DE ATENCIÓN: de LUNS a XOVES, de 9:00 a 14:00 horas

Exit mobile version