Site icon Crónica3.com A Mariña

As Anpas galegas rechazan drasticamente o PIN parental

A Mariña, 22 de xaneiro, 2020. Diante do rebumbio informativo ao redor dunha iniciativa que dan en chamar “pin parental”, a Confederación ANPAS GALEGAS decidíu amosar o seu total rexeitamento a esta proposta política, xa que:
A participación das familias no control dos centros escolares está garantida ao estarmos dentro dos Consellos escolares, onde se valora o Plan Xeral Anual do centro, que é onde están incluídas todas as actividades ordinarias e extraordinarias do mesmo. Aproveitamos para reclamar que esa participación retome os valores anteriores á LOMCE, cando o Consello Escolar aprobaba ese Plan Xeral. É sorprendente que as mesmas ideoloxías que laminaron as liberdades de expresión das familias e o profesorado nos centros escolares públicos, veñan agora a reivindicar esa liberdade.
Todas as actividades que realizan os centros educativos públicos galegos deben estar xa axustadas ao ordenamento xurídico vixente, elaborado polos Parlamentos democráticos de todo signo que a cidadanía votamos ao longo dos anos, e que constitúe a base da nosa convivencia pacífica.
É un debate absolutamente falso, non hai, ata o momento, ningunha familia do Ensino Público Galego que rexeitara explicitamente os contidos cos que se traballa na formación, académica ou transversal, do alumnado galego.
Resulta un ataque intolerábel contra a atención a diversidade, a inclusión, a loita pola igualdade e o respecto entre xéneros, valores todos eles que están incorporados á nosa lexislación e á nosa vida cotián, e nos que as familias agardamos contar coa colaboración da nosa Escola Pública para a educación das nosas fillas e fillos como cidadás e cidadáns informadas, libres, tolerantes e participativas
.

Exit mobile version