Beatriz Fernández dixo que “o balance é moi positivo porque todos acadamos os coñecementos que eran necesarios para desenvolver agora a nosa tarefa tanto sobre as conexións Passthur como sobre o deseño e a impresión de modelos 3D para poder aplicar nos elementos do vehículo eléctrico que estamos a traballar. A colaboración do profesorado tamén foi excepcional e a implicación de todos os compañeiros doutros países tamén así que o balance sempre é positivo”.
A responsable deste proxecto europeo, coordinado por Apaga, comentou que “para os participantes foi unha sorpresa descubrir toda a comarca da Mariña. Non tiñan nin idea da riqueza cultural, gastronómica e arquitectónica que ten esta zona, así que as visitas culturais que se organizaron pola tarde, tanto aquí en Ribadeo como na zona de Mondoñedo ou onte, por exemplo, que acudimos a Taramundi, para eles foron sorpresas moi gratas. Quedaron fascinados por todo este entorno natural que descubriron e, sobre todo, do trato coa xente, da calidez da xente, como os recibiu, como compartiron con eles todas as experiencias, os coñecementos que foron adquirindo ao longo dos anos de vivir nestas terras. A maioría están dispostos a volver aquí, a compartir polo mundo adiante a boa experiencia que tiveron aquí, e esperamos que así sexa, que nun futuro inmediato regresen aquí non soamente para vir a traballar senón para disfrutar da comarca”.
Beatriz Fernández anunciou que “a vindeira xuntanza imos facela no mes de marzo, na segunda ou terceira semana de marzo, será na zona de Brescia, en Italia. Alí esperamos reunirnos xa os equipos ao completo, así que para entón empezaremos traballar dende agora, para seguir mellorando nos contidos deste proxecto que esperamos que chegue a bo porto a finais de 2021”.