Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa organiza de novo a campaña do Mes do Aforro con descontos en combustible

 Ribadeo, 30 de xaneiro de 2020. Acisa organiza de novo a campaña o Mes do Aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 1 ao 29 de febreiro. O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, foron os encargados de presentar esta iniciativa, que o pasado mes de novembro foi un éxito.
Iriarte explicou que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial no mes de febreiro mediante a fidelización do cliente tanto da vila como visitantes a través de tarxetas de desconto de 0´09 euros por litro de combustible”.
Pérez dixo que “as tarxetas Acisa Aforro de desconto obteranse gratuitamente realizando as compras en calquera dos establecementos asociados a Acisa Ribadeo, e so se entregará unha por cada tícket de compra cun gasto mínimo de 10 euros. Esta promoción é válida dende o día 1 ata o 29 de febreiro, período no que os clientes poderán lograr as súas tarxetas”.
O presidente de Acisa sinalou que “esta promoción non é acumulable a outras e as tarxetas deberán ir debidamente seladas por cada establecemento, sendo dun único uso. De modo que para aplicar un novo desconto noutra repostaxe deberá entregarse unha nova tarxeta. Esta campaña so é válida na estación de servizo Valcarce de Ribadeo, que asume integramente o desconto de 0´09 euros por litro”.
O xerente da asociación engadiu que “Acisa Ribadeo xa levou a cabo esta campaña no pasado mes de novembro e, debido ao éxito obtido, decidimos volver desenrolala durante febreiro de 2020. Mañá comeza un novo Mes do Aforro en Ribadeo”.

Exit mobile version