O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou o resultado da actuación, xa rematada, acompañado do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. Balseiro sinalou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aportou financiamento para esta actuación cunha achega de 15.500 euros a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental.
O proxecto contemplou traballos de restauración da fonte, incluída a edificación na que se atopa e o lavadoiro situado no seu interior, así como a mellora dos accesos. A intervención tiña por obxecto acondicionar este espazo e integralo na contorna, substituíndo materiais degradados e non acordes co entorno por outros tradicionais como pedra, madeira e lousa. Unha das actuacións previstas foi a substitución da cuberta de fibrocemento por outra empregando materiais como madeira de castiñeiro e lousa.
Balseiro lembrou que con este programa a Consellería de Presidencia redistribúe os ingresos derivados do canon eólico para financiar obras e servizos municipais relacionados coa protección do ambiente e do espazo natural.
O Concello de Xove desde hai anos está a desenvolver un ambicioso programa de recuperación dos núcleos rurais, dotándolles de infraestruturas axeitadas (iluminación, accesos, comunicacións, áreas recreativas, etc… ) e tamén restaurando o seu patrimonio de interese sociocultural.