Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento nos Concellos de Ribadeo e Trabada

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, responderá no Pleno unha interpelación sobre solo industrial e a Plataforma Loxística Salvaterra- As Neves (Plisan).

Santiago, 30 de xaneiro de 2020. A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento nos Concellos de Ribadeo e Trabada.

O Goberno galego cumpre así o seu compromiso, tal e como lle trasladara a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, aos rexedores destes municipios.

Cómpre lembrar que a Xunta e os Concellos de Ribadeo e de Trabada acordaron recentemente impulsar conxuntamente unha solución ao problemas de abastecemento de ambos os dous municipios, co cofinanciamento, tamén, da Deputación provincial de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

O estudo, que levará a cabo a empresa adxudicataria IDOM, Consulting Engineering Architecture, SAU, analizará a substitución da condución de abastecemento actual, que se atopa nun estado deficiente, por un sistema eficiente e tecnicamente viable.

As redes municipais de abastecemento de auga deste concellos presentan graves deterioros, polo que este proxecto arroxará as actuacións necesarias para solucionar estas carencias e poñer á disposición dos veciños un servizo axeitado ás súas necesidades.

Exit mobile version