Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia de Rúa celebrará a súa tradicional Festa da Candelaria este venres 31 de xaneiro, e o 1 e 2 de febreiro

Desde o Concello convidan a todo o mundo a asistir a esta festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolongará durante toda a fin de semana cun programa repleto de actos. Venres verbena coas orquestras Los Satélites e Trébol. O sábado ás 13:00 horas, celebrarase unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión. A continuación, haberá sesión vermú con La Favorita, que repetirá pola noite na verbena, acompañada pola orquestra Finisterre, desde as 22:00 horas. O domingo, ás 13:00 horas, celebrarase unha nova misa solemne seguida de procesión, á que seguirá o Grupo Fénix, para amenizar a sesión vermú, que tamén protagonizará a verbena nocturna. O campo estará cuberto cunha gran carpa.

Exit mobile version