A síndrome de Hayworth ten acadado este ano o primeiro premio do certame de poesía da Asociación O Facho, organizado pola entidade cultural do mesmo nome, cuxo xurado formado polos escritores Xulio López Valcarcel, Fernando Díaz Castroverde outorgou o premio por unanimidade. A obra ven de ser publicado por Medulia Editores, unha nova editorial especializada no xénero poético.
A autora do libro, Natalia Alonso Ramos (Vilaronte, 1983) é licenciada en Xornalismo e doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa obra xa ten acadado diferentes premios en certames organizados en diversas localidades galegas.