A proposta en apoio da empresa que xa tiña rexistrada dende o 26 de decembro o Goberno provincial e que figuraba na orde do día para o seu debate no Pleno de hoxe foi transformada nunha declaración institucional que contou coa unanimidade da Corporación despois de que o PP se sumase a última hora á iniciativa do Executivo do PSOE e BNG, solicitando esta mesma mañá unha xunta de voceiros para plantexar a adhesión á proposta do Goberno, algo que este aceptou.
Os grupos provinciais amosan na declaración institucional o seu “apoio, solidariedade e compromiso cos traballadores e traballadoras de Muebles Hermida e as súas familias”, ao tempo que esperan que “o administrador concursal habilite canto antes a posibilidade de que os empregados perciban os salarios canto antes”.
Muebles Hermida, que dá traballo a preto de 100 empregados en Lourenzá e que é a principal empresa da localidade, está atravesando unha complexa situación económica que fixo que os traballadores deixasen de percibir os seus salarios despois do verán e que se saldou coa solicitude do concurso de acredores a comezos de decembro.