De feito, tal e como avanzou García Porto, a Deputación está xa estudando como mellorar a eficacia da promoción turística da provincia en FITUR 2021. “Foron tres xornadas moi positivas de intenso traballo no escaparate de turismo máis importante do mundo, en base ás que xa estamos a preparar a promoción de cara ao ano que vén”, subliñou a Deputada.
Este venres, José Tomé e Pilar García Porto participaron nas presentacións institucionais da Semana Santa de Galicia e na da comunidade autónoma, ademais de continuar con reunións profesionais e contactos con outros participantes.
Así mesmo, o Presidente da Deputación tivo ocasión de saudar en FITUR ao Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a quen felicitou pola súa investidura e co que mantivo un intercambio de opinións sobre a situación e os retos fundamentais da provincia, no que quedou claro o compromiso do novo Executivo central co seu impulso.