Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación colabora con 3.000€ na Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa

 Lugo, 30 de xaneiro de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o representante da Club Ciclista Terra Chá, Miguel Ángel Esmorís, asinaron este xoves un convenio de colaboración para sufragar os gastos da realización da V Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa.

A institución provincial achega 3.000 euros para esta carreira que contribúe a dinamizar a comarca da Terra Chá. “Estamos ante unha ruta cicloturista xa consolidada, unha aposta por promover a economía local e potenciar o valor turístico dos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, e tamén unha forma diferente de atraer visitantes dun xeito máis activo, coñecendo o patrimonio natural e cultural da zona”, explicou o Presidente.

O Club Ciclista Terra Chá xa traballa na organización dunha nova edición desta ruta, que se celebra coincidindo coa Festa do Queixo de San Simón da Costa a finais do mes de marzo.

Exit mobile version