Está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Este programa está dirixido a tódalas mulleres en situación de vulnerabilidade (é dicir, aquelas que están pasando por un momento de dificultade na súa vida) e precisan algún tipo de apoio para superar dita situación de crise. Dentro do programa levaránse a cabo as seguintes actuacións:
– Acollemento, información e asesoramento
– Derivación e/ou acompañamento a outros recursos existentes na comunidade
– Formacións específicas en materia de empoderamento, autoestima, motivación, igualdade e prevención da violencia de xénero, formación en técnicas de busca de emprego a través das novas tecnoloxías
– Campañas e xornadas de sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero
Ademáis contaremos cun servizo de atención integral a vítimas de violencia de xénero no que se dará información sobre axudas e outros recursos, atención psicolóxica, acompañamento, etc.
Para máis información, poden dirixirse ao local social da asociación en Pardo Bazán nº9 baixo da Casa do Mar de Burela ou nos teléfono 609.837.645 ou 683.230.220. Tamén poden contactar a través do email entendotebumei@gmail.com