17 de decembro. Como lle falo diso?. Aprendendo a abordar a educación sexual das crianzas. Está dirixida a pais, nais e persoas interesadas. Terá lugar de 18:30 a 20:30 horas, na Sala de Formación. Impartida por Martina González Veiga. 7 de xaneiro. Lecer en igualdade. A igualdade de xénero e prevención de violencias machistas no lecer e tempo libre. Dirixida ao monitorado de actividades e persoas interesadas. De 17:00 a 20:00, na Sala de Formación. Impartida por Arabías S. Coop. Galega. As persoas interesadas poden anotarse e solicitar máis información na OMIX (tfno: 982 571 816). As prazas son limitadas.