A xornada adicouse a coñecer de primeira man os aspectos máis salientables e destacables no mantemento que requieren tanto as grandes edificacións como os edificios de vivendas, tanto a nivel operativo como de eficiencia enerxética.
Dende a asociación, o presidente, Marcos G. Villares quixo destacar o valor que se quere aportar con estas charlas, tanto nos contidos que son moi interesantes, así coma nos poñentes “é moi satisfactorio poder contar con xente da miña xeración, que teñen un amplo vagaxe curricular e que ademáis gocen dunha carreira profesional exitosa”. Tamén Miguel A. Fdez. quixo agradecer a oportunidade “é de agradecer a oportunidade de contribuir nestas charlas e aportar aos meus veciños experiencias e vivencias e poder compartir unha tarde de debate produtivo” tamén quixo salientar que “no periodo de incertidumbre industrial que atravesa a comarca, é importante acercar outras perspectivas e amosar outras posibilidades profesionais nas que desenvolverse en outros ámbitos. Nun momento de incertidume coma este é importante que os mozos e mozas podan valorar novas perspectivas laboráis”, e con estas últimas palabras, a dirección da asociación convidavos a próxima charla do Dr. en finanzas Jesús Barreal que falará das novas oportunidades e dos recursos de San Ciprián no futuro máis inmediato