Con esta motivación nace “Construíndo Economía Circular” un Programa Empleaverde iniciativa da Fundación Biodiversidade (pertencente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica) cofinanciado polo Fondo Social Europeo e no que colabora a Asociación Intereo (que agrupa aos 14 municipios da Reserva da Biosfera Oscos-Eo- Teras de Burón).
O Programa inaugurarase cunha acción formativa en Vegadeo: o Curso de Técnicas de Bioconstrucción, de 100 horas, que se impartirá no Recinto Feiral entre o 13 de xaneiro e o 7 de febreiro de 2020. O cuso é gratuíto e poderán solicitalo persoas desempregadas con domicilio na CC. AA de Asturias.
Este primeiro curso será impartido por Guido Tomasini, un dos maiores expertos en biconstrucción do Estado. O obxectivo do mesmo é proporcionar coñecementos asociados a unha nova forma de construír máis respectuosa co medio ambiente, máis saudable para os seus habitantes e que recoñeza e poña en valor o traballo manual e as tradicións construtivas da Reserva da Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón. Mediante sesións prácticas ensinaranse diferentes técnicas de bioconstrucción (terra crúa, pedra, madeira, palla, cal…), considerando a súa integración no lugar e o uso de materiais autóctonos. Para iso está prevista unha pequena obra construtiva no municipio de Vegadeo.
A presentación do programa será o luns 23
O Programa Empleaverde “Construíndo Economía Circular” será presentado o luns 23 de diciemmbre, ás 11 horas, no Recinto Feiral de Vegadeo.
Tras o curso de Técnicas de Bioconstrucción, o programa complétase na zona da Reserva da Biosfera con outros 4 cursos, todos eles gratuítos e destinados a persoas desempregadas de Asturias e Galicia. Son os seguintes:
Sistemas de climatización aplicados á bioconstrucción (50/100 horas. Presencial e on- line)
Construción adaptada á Economía Circular ( on- line, 50 horas)
Enerxías Renovables aplicadas ao sector da construción (100 horas, on- line)
Deseño e xestión de proxectos de economía corcular (50 horas. On- line)
O obxectivo último do programa formativo é mellorar a empregabilidade do alumnado mediante unha certificación innovadora no ámbito dos empregos verdes. Con este obxectivo, o programa tratará de crear conciencia social entre Administracións públicas e empresas acerca da necesidade de adaptar o sector a unha nova maneira, máis respectuosa co medioambiente, de entender o deseño e construción de vivendas.
A empresa consultora “ Gest-eco/I2 C”, responsable do proxecto, sostén que “non existen moitos exemplos de construción circular en Europa e, en España, non temos unha industria da construción afeita a abordar os enfoques económicos e ambientais. Estamos #ante un desafío ilusionante cuxo primeiro paso é, sen dúbida, a promoción e a capacitación”.
O carácter innovador desta formación dará a oportunidade ás persoas participantes de obter certificacións novas que lles abran moitas oportunidades laborais nun novo mercado adaptado á economía circular.