Site icon Crónica3.com A Mariña

V Encontro de Participación Cidadá en Mondoñedo

 Mondoñedo, 17 de decembro, 2019. Este V Encontro de Participación Cidadá entre membros da corporación municipal de Mondoñedo, representantes de diversos colectivos veciñais, culturais, empresariais e veciños e veciñas celebrarase o venres, 20 de decembro do 2019, as 20:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, Organizado pola Plataforma Cidadá “Comarca de Mondoñedo Unida” e o Concello de Mondoñedo. O obxectivo, como nos encontros anteriores, é tratar, sen máis limitacións que as do respecto e o interese xeral, temas que afectan ao presente e ao futuro da maioría dos veciños e veciñas da “Comarca de Mondoñedo” e coñecer o estado de execución dos asuntos tratados en anteriores encontros. Sobre a mesa, asuntos como: Areas de Turismo-Ensino- Cultura. -Estado de execución do proxecto de potenciación da Área Recreativa da Fervenza de Viloalle. Posibilidade de inclusión nun proxecto europeo e posta en valor da contorna como a fonte de augas sulfurosas e o acondicionamento do castro da Recadieira. -O Camiño Cultural de “As Catedrais” pola “Variante Marítima” do Camiño Norte.
-Información sobre o proxecto de implantación dun “Centro de Inmersión Lingüistica”. Proxecto aprobado por Unanimidade en Sesión Plenaria, pola Corporación Municipal de Mondoñedo e por Maioría en Sesión Plenaria da Deputación de Lugo Areas de Servizos Dotacionais: Espazos Públicos, Viales e Aparcamentos. -Estado de execución do aparcadoiro da Igrexa Nova-Campo da Granxa. -Análise da remodelación da Praza da Catedral e dos accesos pola rúa Río de Sixto polo barrio dos Castros e pola entrada de Valiño. Areas de Servizos Sociais, Sanitarios. – O Centro de Acollida de Menores non acompañados de Mondoñedo. A Residencia de Maiores e o Centro de Día e de Alzheimer. Areas empresariais. Sectores: Agrícola , Forestal, Comercio, Industria e Artesanal.Outros Sectores Deportivo. Musical. -Infraestruturas empresariais: Análise do estado do polígono industrial de Xiros, naves de ECAR-FIMSA e de San Lázaro. O barrio artesanal de “Os Muiños”… Os sectores hortícola e Forestal…O Proxecto Rexurbe… -Feiras e Festas Turístico- Agroalimentarias. Actividades deportivas e musicais, etc.
Calquera outra proposta ou tema que a xuízo das persoas asistentes mereza ser tratado será incorporado á orde día no mesmo acto. Consideramos que a participación cidadá é fundamental para conseguir os obxectivos colectivos que nos propoñamos polo que animamos á veciñanza, organizada ou non, a que se sume a este convocatoria e participe activamente tanto nas propostas como aportando ideas para as deseñar as mellores solucións.

Exit mobile version