Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 60 barcelonistas participaron na cea baile do 10º aniversario da peña La Balastrera, de Ribadeo, á que acudiron a delegada de Cultura do FC Barcelona e o ex xogador Iván Iglesias

ELFARERO

Ribadeo, 2 de decembro de 2019. A cea baile para celebrar o décimo aniversario da Peña Barcelonista La Balastrera, de Ribadeo, contou coa participación dunhas 60 persoas. Ademais de socios do colectivo organizador do evento tamén asistiron representantes do FC Barcelona e das peñas barcelonistas de Mondoñedo, San Miguel de Reinante e Vegadeo. Tamén estiveron o alcalde ribadense, Fernando Suárez, e os concelleiros do goberno municipal Jorge Díaz e Pilar Otero.
A representación do FC Barcelona estivo encabezada pola delegada de Cultura da xunta directiva do club, Teresa Basilio Monné, e o ex xogador Iván Iglesias.
Durante o acto, celebrado na discoteca Rosa Lar, houbo intercambio de agasallos entre a peña La Balastrera, que preside Óscar Álvarez Casabella, e os representantes do FC Barcelona, que tamén lle entregaron un obsequio a socio da peña ribadense Arturo (Carrete) por ser elixido un dos barcelonistas do ano na xuntanza de peñas barcelonistas de Galicia.
No evento tamén houbo sendas replicas dos últimos trofeos da Liga e da Copa do Rei logrados polo FC Barcelona, coas que se fixeron fotos os asistentes.

Exit mobile version