Seguindo cunha tradición que xa puxeron en marcha en 2015, este grupo de empresarios decidía, coa autorización do Concello, decorar unha vez máis as árbores da rúa con motivo do Nadal. Os usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña foron os encargados de elaborar e colocar os 300 adornos que xa se poden ver nas árbores desta céntrica rúa. A doazón recadada polos comercios e locais hostaleiros que colaboraron nesta acción entregarase á Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, seguindo a norma de todos os anos.