Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro, marionetas, exposicións e moita maxia para os máis pequenos na programación cultural de Nadal do Concello de Viveiro

 Viveiro, 10 de decembro de 2019. O Concello de Viveiro xa fixo pública a súa programación cultural para o Nadal 2019/2020, con numerosas actividades para todas as idades.
Nas próximas datas haberá teatro para os máis pequenos, marionetas da man do grupo Trécola, obradoiros como o ArteNadal e o tradicional concerto da Banda de Música.
A programación ten en conta, como non podía ser doutra maneira, a época do ano, coa Festa de Papá Noel o día 24 de decembro pola tarde ou a cabalgata de Reis do 5 de xaneiro, que sairá de Celeiro e chegará á Praza Maior de Viveiro.
María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, destaca “a diversidade da programación, planificada para que os nosos veciños e veciñas, independentemente da súa idade, poidan disfrutar das actividades”.
Esta axenda cultural da concellería xestionada por Lara Fernández únese ao Belén ‘Viveiro ante o berce’, o ‘Belén de Bágoas da Terra’ na Biblioteca, o mercado ‘A Trastenda de Nicómedes’ ou as visitas guiadas organizadas polo concello.
Este ano, Viveiro tamén conta cun alumeado de Nadal ampliado. “Intentamos distribuír a iluminación por todo o concello, dentro das nosas posiblidades e instalando algún elemento no maior número de puntos posibles”, engade a alcaldesa.

Exit mobile version