Viveiro, 6 de decembro de 2019. Son Viveiro-Son en Común demandará do Concello que se estude se existen zonas de titularidade municipal cercanas ao camposanto de Altamira co fin de que estas poidan ser empregadas para aparcadoiro de vehículos.
En palabras do seu concelleiro e portavoz, Luís Manuel García Otero, “ao atoparse a maior parte dos tanatorios da nosa cidade fóra do casco urbano, cada vez máis xente utiliza vehículos propios para asistir a enterros. Isto provoca dificultades e situacións de perigo para as persoas que circulan a pé cerca do cemiterio municipal tanto en épocas de gran afluencia, como pode ser Defuntos, como cando se celebra algún sepelio, nas que é frecuente atopar vehículos aparcados nas beirarrúas da estrada que conduce ao mesmo”.
Sinalan tamén que, de ser necesario, deberá estudarse a posibilidade de adquirir terreos nesa zona para que a xente poida empregar como aparcadoiro en datas ou conmemoracións sinaladas.