Segundo os independentes, a paralización do PXOM débese a partes iguais, ao retraso nos informes das distintas administracións públicas, así como a falta de seguemento e interese do Goberno Municipal socialista. En 17 anos de gobernos do PSOE, non foron capaces de levar adiante unha normativa básica para o presente e o futuro de Viveiro, declararon aos medios.
No mes de agosto, acordouse no Pleno Municipal, facer un seguemento mensual do PXOM, dende aquela, só se convocaron dúas reunións, o que indica con claridade a falta de interese do goberno municipal por levar adiante esta normativa.
“Dende Por Viveiro, instamos ao goberno socialista, a convocar novamente as reunións de seguemento, e agardamos que o ano 2020 sexa o do impulso definitivo do Plan Xeral de ordenación municipal para Viveiro.